DixitArte

Margarita Fraga Constenla

Técnica Superior en Imaxe (Escola Superior de Imaxe e Son) e máster en Nova Fotografía Documental (Labasad Barcelona Schhol of Art & Desing (2020), a estradense Marga Fraga conta cunha dilata experiencia no eido da fotografía artística participando en exposicións individuais comoa a de “Radiografías” (2011) e colectivas como “Xenerais da Ulla” (2017), “Las camelias” (2004) ou “Prestige” (2003) ás que hai que engadir outra serie de colaboracións en revistas como “Carreiros” ou no xurado do Festival de Fotografía de Terror PANIC. Tamén ten colaborado coa Miscelánea Histórica e Cultural editada pola Fundación Cultural da Estrada e traballado no xornal Diario de Pontevedra.

Máis alá dos estudos realizados, no terreo formativo ten asistido a talleres fotográficos e masterclass impartidas, entre outros, por Alberto García-Alix, Cristina García Rodero, Francisco Gómez, Luis Cobelo, Irene Cruz ou Paco Gómez

No eido cinematográfico participou como cámara no documental “Paxaros de papel” (2002) e na curta “Páginas líquidas” (2002). Participou tamén no vídeo musical “Volare” de Graham Neway dirixido polo fotógrafo galego Jesús Madriñán e editado en Saint Martins College of Art & Desing de Londres, actuando como axudante de fotografía. Por outra banda, foi a encargada do área audiovisual e da montaxe do documental “Auga de vida” e responsable do departamento audiovisual DEZ TV Local da Estrada entre os anos 2004 e 2007.

Scroll al inicio