DixitArte

Manuel González Vigo

Nacido en Santo André de Vea (A Estrada). Ten a súa casa-obradoiro en Callobre (A Estrada). Un artista autodidacta, traballando as máis variadas técnicas, como poden ser: óleo, acuarela, carbón, tinta chinesa e técnicas mixtas. 

Na súa obra predomina o estilo costumista, inda que son variados os temas empregados. Iniciouse na talla da man de Gonzalo Quintela e aprendeu a traballar a pedra con Félix Rivadulla.

Residiu en Barcelona entre 1975 e 1978, que foi onde comezou a súa andaina artística. Residiu en Alemaña e voltou de novo a Cataluña (Girona). Máis tarde trasladouse a Bélxica (Charleroi). Viviu tamén en Benidorm, antes de voltar á súa terra natal.​As súas exposicións percorreron lugares como Weinheim, Dormund, Mannheim, Heidelberg, Frankfurt… así coma as máis variadas provincias españolas (Murcia, Xaén, Cádiz… e, por suposto, as provincias e cidades máis importantes de Galiza coma Pontevedra, Ourense, A Coruña ou Santiago de Compostela, e vilas coma Cambados, Vilanova, A Estrada ou Cuntis….

Previous slide
Next slide
Scroll al inicio