DixitArte

Manuel Fragoso

Manuel Fragoso é un pintor nado na parroquia de Codeseda (A Estrada). Comezou a pintar á idade de 14 anos, e aos 18 inaugurou a súa primeira exposición cun total de 38 debuxos. Topógrafo de profesión, e autodidacta por vocación, Fragoso participou do postmodernismo barcelonés de finais dos 70 e residiu en Alxeciras e Suíza, onde coñeceu a obra de Paul Klee, autor referencial na súa traxectoria artística.

Ligado ás correntes de vangarda europeas, a obra e o pensamento de Manuel Fragoso está influenciado por figuras do existencialismo coma Albert Camus ou do expresionismo alemán. Tamén a psicodelia dos anos 60-70 deixou unha forte impronta no autor a través da obra de bandas como The Doors ou Led Zeppelin.

As ilustracións e debuxos de Fragoso teñen formado parte de obras literarias e revistas publicadas polas grandes editoriais galegas coma Galaxia, Vía Lactea, Fervenza ou Xerais; e aplaudida por intelectuais da talla de Xela Arias, Xosé Luis Méndez Ferrín, Luis Mariño ou o debuxante Pepe Carreiro, con quen traballaría na revista satírica galega Cans sen dono.

Ademais da colaboración nesta revista, tamén participou en publicacións como A Nosa Terra, Escrita, La Voz de Galicia ou El Faro de Vigo e na ilustración de libros de autores coma Xosé Couceiro, Francisco Rozados “Rochi”, David Otero, Xosé Luna ou Xosé Manuel Cabada Vázquez

Moitos dos lenzos de Fragoso figuran en coleccións privadas de lugares tan dispares coma Londres, Suíza ou Xapón. A súa obra, cercana a correntes coma o expresionismo abstracto, o existencialismo ou o cubismo, aborda motivos tan universais como a inxustiza, o amor, o absurdo, a morte e toda visibilización das vivencias subconscientes do ser humano.

As técnicas máis empregadas polo autor son a acuarela, o óleo, o acrílico, o lapis e o collage. Recentemente, vén de inaugurar na sala Abanca da Estrada unha exposición titulada Soños rotos.

01_RodanaPalleira_021x030_Acrilicoecollage-771x1024

Roda na Palleira21cm * 30cm

Acrílico e collageO Peixe Candil21cm * 30cm

Mixta e collageOllando un cadro21cm * 30cm

Gouache e tintaVentá con luz21cm * 30cm

Acrílico e collageVentá con luz 221cm * 30cm

Acrílico e collageÁrbore poru qué21cm * 30cm

Acrílico grafitoMimosas21cm * 30cm

AcrílicoO meu alfabeto21cm * 30cm

Acuarela collage e acrílicoBarco e tormenta21cm * 30cm

Tinta chinaUn día calqueira30cm * 42cm

Acrílico e betumeA fábrica da luz21cm * 30cm

Gouache e collageCerebros exprimidos21cm * 30cm

Tinta, collage e acuarelaCerebros exprimidos 221cm * 30cm

Tinta, collage e acuarelaCerebros exprimidos 321cm * 30cm

Tinta, collage e acuarelaCasa paisaxes e barcas21cm * 30cm

Acuarela tinta e collageAnaco da terra dende a estación Lum21cm * 30cm

AcrílicoAnxo21cm * 30cm

AcrílicoRetrato triste de MF21cm * 30cm

AcrílicoPerna no espazo21cm * 30cm

AcrílicoBañista21cm * 30cm

AcrílicoVentá con luz21cm * 30cm

AcrílicoCasa verde21cm * 30cm

AcrílicoA árbore dos corvos21cm * 30cm

TintaA árbore dos corvos21cm * 30cm

CollageDante (Case no inferno)21cm * 30cm

LápizAs liberadoras21cm * 30cm

TintaMuller e paxariño21cm * 30cm

Acuarela e TintaA casa das cascudas21cm * 30cm

Acuarela e TintaA ponte dos enxebrados21cm * 30cm

Acuarela e collageSube meu amor21cm * 32cm

AcrílicoNo ventre da besta21cm * 32cm

AcrílicoMonstros na praza21cm * 32cm

AcrílicoNaufraxio en Fisterra43cm * 33cm

AcrílicoDous mundos43cm * 20cm

Acrílico e collageCabalo berrando68cm * 18cm

Acrílico e tintaVerde + Verde = 2 verdes21cm * 30cm

AcrílicoVerde + Verde = 2 verdes33cm * 36cm

Acuarela e collage
Previous slide
Next slide

Scroll al inicio