DixitArte

Biografías

Dixitarte é unha páxina web creada co propósito de recoller, preservar e difundir a arte, a cultura e a creatividade dos artistas locais da zona da Estrada. Nace como un espazo dixital aberto, accesible e participativo, onde calquera creador ou creadora pode expoñer a súa obra e formar parte dun arquivo cultural vivo que pon en valor o talento da nosa comunidade.

O obxectivo principal de Dixitarte é dar visibilidade a aquelas persoas que, a través de distintas disciplinas artísticas, enriquecen o panorama cultural local e merecen ser recoñecidas. A plataforma non só funciona como escaparate, senón tamén como ferramenta de preservación, asegurando que o legado artístico da zona quede recolleito e documentado para as xeracións futuras.

Dentro de Dixitarte, o apartado de biografías ocupa un lugar fundamental. Nel recóllese tanto a vida persoal como a traxectoria artística de cada creador ou creadora, ofrecendo unha visión completa da súa evolución, influencias e logros. Cada perfil inclúe: Unha recensión biográfica detallada, un percorrido pola súa traxectoria artística e unha galería de imaxes cunha selección das súas obras.

O proxecto Dixitarte desenvolveuno, na súa meirande parte, Sofía Fernández Lustres, alumna do grao en Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, durante o seu período de prácticas externas. No marco deste traballo, foi a encargada de establecer contacto e comunicarse cos artistas participantes, recompilar as súas biografías e as imaxes das súas obras, así como de realizar algunhas das entrevistas incluídas no portal, contribuíndo de maneira directa á construción e desenvolvemento do proxecto.

Este espazo permite ao visitante coñecer non só a obra, senón tamén a historia e o contexto que hai detrás de cada artista, xerando unha conexión máis próxima e profunda co seu traballo.

Parece que no hemos podido encontrar lo que estás buscando. Quizá pueda ayudarte una búsqueda.

Scroll al inicio