
Fernando Porto Mato nace no ano 1956 en A Estrada. Licenciado en Maxisterio, a súa traxectoria artística comeza cedo, combinando desde os seus inicios a creación plástica coa vocación pedagóxica e divulgativa. Alá no ano 1979 Fernando Porto comenza a súa andadura no mundo da cerámica, en Carnota despóis de adicarse ao debuxo, á pintura, a ilustración e á poesía. Comenza realizando pombas e animáis imaginarios de carácter ancestral coa técnica do engobe branco esgrafiado. A partir de aquí ocupa boa parte do tempo na súa formación, asistindo a cursos de esmaltes, torno, serigrafía, etc…
En 1976 realiza a súa primeira exposición de pintura e debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Pouco despois, en 1978, inicia unha etapa como ilustrador gráfico na revista infantil Vagalume, onde publica poemas e cómics, ilustrando, entre outros, textos de Neira Vilas. En 1979 expón novamente debuxo e pintura na Caixa de Aforros de Pontevedra.
O ano 1980 marca un punto de inflexión coa súa iniciación na cerámica, disciplina que se converterá na actividade central do seu obradoiro ata a actualidade. Xunto co seu irmán Nacho Porto funda a empresa CERÁMICA DOS ANIMÁIS FANTÁSTICOS, desenvolvendo durante cinco anos un traballo continuado arredor das xenealoxías de animais imaxinarios e simbólicos, pezas de forte carácter arcaico e expresivo que definirán a súa identidade artística inicial.



En 1983, ao asistir a un curso sobre cerámica de reflexos metálicos na Escola Forma de Barcelona, coñece a Trinidad Barranco Pomares, quen se converterá na súa compañeira de vida e traballo. Desde entón comparten obradoiro, ao que máis tarde se incorpora o seu fillo Pablo Porto, garantindo a continuidade xeracional do proxecto. A súa formación técnica complétase con cursos especializados, como o de manexo de fornos de gas impartido polo enxeñeiro Manuel Keller (INGENIERIA2000, Madrid) e, en 1996, o curso de escultura cerámica en Viveiro dirixido por Xavier Toubes, director do Centro Europeo de Cerámica.

Trindad foi desde o inicio testemuña e colaboradora activa do universo creativo de Fernando e desde un lugar paralelo foi construíndo tamén o seu propio camiño. Comezou coa cerámica por casualidade, a partir dunha amiga e dun primeiro vaso. Desde entón traballou de forma autodidacta, modelando pequenas pezas na súa habitación. Ten claro e exprésao así: sabe modelar, pero non debuxar. A súa linguaxe é o volume e o seu método a práctica disciplinada. Formouse en varias escolas de Barcelona, primeiro trasladando pezas para cocción e despois con aprendizaxe máis técnica en barro, porcelana e materiais refractarios. Co tempo comprou un torno e ampliou formación en torno e esmaltes. Nos seus comezos Trinidad traballou unha figuración máis directa e logo evolucionou cara a formas contemporáneas. Coa chegada dos fillos priorizou a produción e o proxecto común, deixando en segundo plano liñas máis persoais. Defínese como artesá, non como artista, aínda que a súa capacidade creativa é visible na súa obra. Xuntos realizaron unha investigación técnica excepcional: máis de 30.000 mostras de esmaltes.

Desde os seus comenzos ata o día de hoxe podese apreciar una obra moi variada ,abarcando desde debuxos, pinturas, cerámicas variadas, imáxenes fractais e, dende 1980 ata hoxe, Fernando participa en multitude de eventos nacionais e internacionais relacionados coa artesanía —feiras, exposicións e demostracións públicas— mantendo unha presenza constante no panorama artístico.
No ano 2000 amplía horizontes creativos iniciándose no mundo da xoiería xunto a Trinidad Barranco Pomares, traballando na fundición da súa propiedade. Na actualidade combinan a cerámica con metais como prata, bronce e latón, integrando linguaxes e técnicas nun diálogo constante entre tradición e experimentación.
Paralelamente, desenvolve unha intensa actividade literaria e visual. No ano 2000, publica unha primeira edición do libro De cando as cousas falaban, con 100 poemas para nenos. En 2005 edita AZA, obra que reúne 50 imaxes fractais en formato A3 acompañadas de poemas, afondando na relación entre matemática, natureza e creación artística. Esta liña de investigación culmina en 2008 coa súa participación na exposición Poesía Experimental no CGAC, resultado do curso-taller impartido polo poeta uruguaio Clemente Padín.



En outubro de 2009 imparte un “Curso de Esmaltes de Reflexos Metálicos” en Gondomar, patrocinado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño de Galicia, consolidando tamén a súa faceta como formador. No ano 2010, imparte nuns cursos de verán da Universidade de Extremadura, unha poñencia titulada: ARTESANÍA FRACTAL, ademáis dunha exposición de ARTE FRACTAL: Fractales, ¿Dónde están?.
En 2011 recibe o Premio Adquisición no VIII Certame de Artesanía Antonio Fraguas, sendo seleccionada unha das súas pezas para a exposición itinerante do certame. Ese mesmo ano participa nunha mesa redonda baixo o título “Las nuevas herramientas de la creatividad”, xunto a Martín Azúa, no marco dos Encontros de Artesanía Ibérica IBERIONA. No ano 2011, recibe un premio no VIII certame de artesanía Antonio Fraguas, e selección de peza para a exposición itinerante. Participa na mesa redonda co tema «Las nuevas herramientas de la creatividad», xunto a Martín Azúa en (Encontros de Artesanía Iberica) IBERIONA.



A súa investigación sobre os fractais lévao a ofrecer en 2017 unha conferencia na Maker Faire Galicia, onde aborda a conexión entre arte, xeometría e procesos naturais. Tamén participou en numerosas feiras adicadas a gastronomía organizadas pola Fundación Galega de Artesanía. Sobre a súa actividade nestas feiras, Fernando comenta que xa fai bastante tempo que elaboran pezas de uso culinario, bandexas, cuncas, xogos de macedonia, etc, mais últimamente estamos a facer pezas de alta temperatura en gres cocidas a 1265º, cun fin casi exclusivo para a cociña, como poden ser pratos, bandexas e outras pezas en moi diversos formas, tamaños e acabados; colaborando con outros con cociñeiros como Lucía Freitas, con 3 estrelas MICHELIN.



PEZAS DE CERÁMICA






DEBUXO E PINTURA


















XOIERÍA





CREACIÓN E IMPRESIÓN TEXTIL






IMAXES REALIZADAS CON IA



Na actualidade, a actividade principal do seu obradoiro continúa sendo a cerámica. Comezou modelando animais imaxinarios de marcado carácter arcaico, pero a súa obra evolucionou cara a unha síntese persoal onde dialogan tradición, simbolismo, investigación formal e exploración matemática, consolidándoo como unha figura singular dentro da artesanía e da creación contemporánea galega. Desde inicios dos anos 80, a cerámica é parte da súa vida diaria, adicándo todo este tempo a facer e aprender todas as posibilidades dos materiáis cerámicos, tanto no modelado como os acabados.
O obradoiro está situado en A Estrada, á beira de Santiago de Compostela. Na producción das pezas utilizamos grande variedade de materias primas, porcelana, greses e barros refractarios, todos cocidos a 1250ª, e cubertos con esmaltes de fabricación propia que lle dan a personalidade carácterística de este tipo de producción, e fan que cada peza sexa única. A súa coloración aparece despóis da cocción, pois é a maxia do lume quen mostra as tonalidades acuáticas, atlánticas, sobre as formas curvas, espiráis, que representan esencias de Galicia. aspecto singular da nosa producción. Polas súas características irrepetibles fan que cada peza sexa única. Actualmente case todas as pezas están feitas en gres, barros refractarios, e porcelana, cocidos a 1265º.
Entre outras actividades se dedica a creación de linguas e caligrafías imaxinarias.



Actualmente ten una exposición e venda na Rúa Iryda, nº 29
https://www.facebook.com/reel/915808980659358
CURRICULUM (http://www.fernandoporto.aestrada.gal/index.php/curriculum)