Manuel Fragoso é un pintor nado na parroquia de Codeseda (A Estrada). Comezou a pintar á idade de 14 anos, e aos 18 inaugurou a súa primeira exposición cun total de 38 debuxos. Topógrafo de profesión, e autodidacta por vocación, Fragoso participou do postmodernismo barcelonés de finais dos 70 e residiu en Alxeciras e Suíza, onde coñeceu a obra de Paul Klee, autor referencial na súa traxectoria artística. Ligado ás correntes de vangarda europeas, a obra e o pensamento de Manuel Fragoso está influenciado por figuras do existencialismo coma Albert Camus ou do expresionismo alemán. Tamén a psicodelia dos anos 60-70 deixou unha forte impronta no autor a través da obra de bandas como The Doors ou Led Zeppelin. As ilustracións e debuxos de Fragoso teñen formado parte de obras literarias e revistas publicadas polas grandes editoriais galegas coma Galaxia, Vía Lactea, Fervenza ou Xerais; e aplaudida por intelectuais da talla de Xela Arias, Xosé Luis Méndez Ferrín, Luis Mariño ou o debuxante Pepe Carreiro, con quen traballaría na revista satírica galega Cans sen dono. Ademais da colaboración nesta revista, tamén participou en publicacións como A Nosa Terra, Escrita, La Voz de Galicia ou El Faro de Vigo e na ilustración de libros de autores coma Xosé Couceiro, Francisco Rozados “Rochi”, David Otero, Xosé Luna ou Xosé Manuel Cabada Vázquez Moitos dos lenzos de Fragoso figuran en coleccións privadas de lugares tan dispares coma Londres, Suíza ou Xapón. A súa obra, cercana a correntes coma o expresionismo abstracto, o existencialismo ou o cubismo, aborda motivos tan universais como a inxustiza, o amor, o absurdo, a morte e toda visibilización das vivencias subconscientes do ser humano. As técnicas máis empregadas polo autor son a acuarela, o óleo, o acrílico, o lapis e o collage. Recentemente, vén de inaugurar na sala Abanca da Estrada unha exposición titulada Soños rotos.
21cm*30cmAcrílico e collage
21cm*30cmMixta e collage
21cm * 30cmGouache e tinta
21cm * 30cmAcrílico e collage
21cm * 30cmAcrícilo e collage
21cm * 30cmAcuarela grafito
21cm * 30cmAcrílico
21cm * 30cmAcuarela collage e acrílico
21cm * 30cmTinta china
30cm * 42cmAcrílico e betume
21*30Gouache e collage
21*30Tinta e collage e acuarela
21*30Tita e collage e acuarela
21*30Acuarela tinta e collage
21*30Acrílico
21*30Tinta
21*30Collage
21*30Lápiz
21*30Acuarela e tinta
30*21Acuarela e tinta
21*30Acrílico e collage
21*32Acrílico
43*33Acrílico
43*20Acrílico e collage
68*18Acuarela e tinta
33*36Acuarela e collage
created with