A creación desta galería de arte online ten unha única misión: visibilizar e poñer en valor a obra plástica de pintores/as, fotógrafos/as, ilustradores/as, ou creadores/as de contido dixital estradenses, recollendo unha selección das súas obras. Conta cunha sección de información interesante acerca das obras e dos autores/as, de tal forma que o percorrido virtual se atopa integramente apoiado pola dita información, entre a que se atopa o contacto dos autores/as, para que o visitante poida dirixirse a eles/as no caso de estar interesado nalgunha das súas obras. A galería non será mediadora no trato que poida establecerse entre autor/a e a persoa interesada.
Manuel Fragoso presenta a colección soños rotos
Se desexas adquirir algunha obra, ou obter información engadida sobre as mesmas, non dubides en poñerte en contacto cos autores.
manuelfragosoalvarez56@gmail.com